O goberno local avanzou onte o resultado da liquidación das contas municipais do ano pasado, que arroxan un superávit de 9 millóns de euros, segundo indicou a concelleira de economía, Sonia Méndez.
O resultado ten dúas consecuencias: por terceiro ano consecutivo permite ao goberno non ter que recorrer a un crédito, e así non endebedarse máis, e, á vez, investir en obras. Isto último é algo que non puidera facer nos últimos anos polas restricións do Goberno central, que este ano cedeu ás reivindicacións de concellos e de partidos como o PSOE. En febreiro publicou un real decreto no que establece que os concellos que non superen determinados límites de endebedamento poderán destinar os seus aforros a investimentos reais e non necesariamente a pago de débeda.
Consiga AQUÍ a información completa |