O Concello aforra en seguros dos seus vehículos 4.000 euros

O Concello ten previsto aforrar este ano catro mil euros nas pólizas de seguros dos seus 108 vehículos, pasando de pagar 48.000 euros a 44.000. A ausencia de sinistros é a principal causa desta baixada, non tan acusada como a que logrou o pasado exercicio, cando se pasou de abonar 74.000 aos 48.000 mencionados.

O alcalde recordou onte que, para este ano, está prevista a renovación de dous coches de Policía Local e un vehículo para o servizo de xardíns. Así mesmo adquirirase, dentro da maquinaria para a mellora das vías, unha gravilladora e unha bituminadora. Desta forma poderanse substituír máquinas que levaban funcionando desde 1983.

En conxunto, o parque móbil do Concello percorreu en 2011 un total de 577.733 quilómetros, o que supuxo un consumo de 106.340 litros de combustible: 17.135 de gasolina (4.000 litros menos que o exercicio anterior) e 89.205 de gasoil (120 litros máis que en 2010).

O coche de alcaldía percorreu 28.754 quilómetros nas súas visitas oficiais e viaxes relacionadas co cargo.

Comentarios