O BNG somete hoxe a votación en asemblea aberta a lista municipal que lidera Arroxo

O BNG celebra esta tarde, a partir das oito da tarde no centro social Maruja Mallo, unha asemblea aberta a toda a cidadanía na que se someterá a votación a candidatura proposta pola directiva local de cara ás próximas eleccións municipais no Concello de Lugo.

O arquitecto técnico Rubén Arroxo, proposto como número un, é a gran novidade desta lista, na que tamén figuran a empregada de Tragsa Maite Ferreiro e o exconcelleiro nacionalista Antón Somoza.

Comentarios