O BNG pide que Lugo aposte pola educación e a compostaxe para reducir residuos

O grupo municipal do BNG anunciou que presentará no pleno de outubro unha moción na que propón impulsar en Lugo un novo modelo de xestión dos residuos sólidos que aposte pola educación ambiental e a compostaxe na zona rural, co obxectivo de reducir o volume de lixo que xera o municipio.

Os concelleiros Paz Abraira e Antón Bao, xunto co responsable local do BNG, Alexandre Penas, presentaron onte esta proposta a representantes dos sindicatos na comarca, xa que consideran que se poden crear 3.000 empregos en Galicia coa reciclaxe de 300.000 toneladas de lixo ao ano, o que evitaría ademais «a incineración indiscriminada», aseguran.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios