O BNG pedirá no Congreso explicacións sobre a gasolineira do Miño

Los representantes del BNG, ante el área comercial, en imagen divulgada por la formación
photo_camera Los representantes del BNG, ante el área comercial, en imagen divulgada por la formación

O BNG levou ao Congreso unha iniciativa na que pide que Medio Ambiente clarifique a postura da Confederación Hidrográfica para que non se instale unha gasolineira en Carrefour. A deputada Rosana Pérez afirmou que existen, respecto deste problema, "dúas varas de medir dependendo de quen sexa o promotor da iniciativa".

Segundo a parlamentaria, que animou á poboación a mobilizarse, "chama a atención que haxa todos os impedimentos por parte da Confederación Hidrográfica e da Administración autónomica para que se poida crear a zona pública de baño e déanse todas as facilidades para a construción dunha gasolineira".

A deputada, que visitou Lugo acompañada de representantes do BNG, recordou que "a mobilización da xente é o único que pode parar este tipo de barbaridades como se demostrou en Sarria", en referencia ás mobilizacións contra as obras de encanamento do río homónimo.

Comentarios