O BNG acusa á Xunta de emitir ''propaganda falsa'' sobre a ponte de Paradai

Arroxo, ante las obras del puente de Paradai, en imagen facilitada este sábado por el BNG
photo_camera Arroxo, ante las obras del puente de Paradai, en imagen facilitada este sábado por el BNG

O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, tachou este sábado de "propaganda falsa" o anuncio da Xunta de que as obras da ponte de Paradai están rematadas. "Calquera pode comprobar in situ cal é o estado das obras do Plan Paradai e ver que todo o que se veu dicindo nestes días, no que se deixaba entrever o remate destas obras, é propaganda falsa", engadiu.

O que si detectou o candidato nacionalista é que foron retirados o persoal e a maquinaria do lugar, o que Arroxo considera "preocupante", xa que "ponte está sen rematar e os enlaces sen executar".

Arroxo insistiu, como ten feito varias veces o grupo do BNG neste mandato municipal, en que hai un "acordo pechado entre PP e PSOE para paralizar o desenvolvemento do Plan Paradai". "Hai dúas fases, que son as da rúa Serra de Meira e a da Calzada das Gándaras, que non se van executar", engadiu.

O candidato nacionalista anunciou que o BNG proporá facer unha variación na regulación do tráfico nesta zona para evitar o perigo existente no enlace coa Avenida Infanta Elena para os vehículos que van en dirección ao Ceao. "A nosa proposta é que o tramo final da avenida que enlaza coa rotonda que dá acceso á rúa Miguel de Cervantes, que actualmente é de sentido único, pase a ser de dobre sentido". Con esta actuación evitarase, segundo o Bloque, que, cando se accede dende a rúa Alta ou dende Miguel de Cervantes en dirección ao Ceao, os vehículos teñan que dar o rodeo ao que se ven obrigados na actualidade e se vexan abocados a facer un cruce "bastante complexo".

Comentarios