O Concello pretende que se retire o guindastre de Campo Castelo a próxima semana

O Concello de Lugo pretende que o guindastre que leva instalado máis dunha década nunha esquina da Praza de Campo Castelo sexa retirado ao longo da semana próxima. A máquina instalouse nese lugar para facer unha obra que nunca chegou a saír adiante e as prórrogas da licenza de instalación expiraron varias veces.

O Concello non acertou a precisar o día concreto porque depende da empresa propietaria do guindastre e da que realizará o traslado. Se non se leva a cabo en breve, indicaron fontes municipais, o Concello retiraríaa pola súa conta e pasaríalle os gastos aos propietarios.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios