O Concello licita a demolición de dúas casas para ampliar a consistorial

Méndez y Orozco, con los arquitectos. (Foto: Vázquez)
photo_camera Méndez y Orozco, con los arquitectos. (Foto: Vázquez)

O Concello ten previsto licitar hoxe os traballos de demolición de dúas casas encostadas á casa consistorial, que xa adquirira hai tempo, co obxectivo de ampliar a sede municipal e crear un centro de novas tecnoloxías que custará medio millón de euros, cofinanciados polos fondos europeos do plan Urban.

O proxecto foi presentado onte polo alcalde, José López Orozco; a concelleira de economía, Sonia Méndez; o deputado provincial de cooperación, Álvaro Santos, e os arquitectos responsables da obra, Antonio de Vega e Eloy Calderón. López Orozco explicou que a xunta de goberno aprobará hoxe un investimento inicial de 88.111 euros para a contratación da primeira fase destas obras, que consiste na demolición dos dous edificios de tres plantas anexos ao consistorio na Praza de Anxo Fernández Gómez, así como a realización dos correspondentes traballos arqueolóxicos. Ademais, sinalou que o proxecto conta co visto bo da Consellería de Cultura.

OROZCO
''Non se actuará no resto de casas encostadas porque están protexidas'' 

O alcalde descartou onte que no futuro váiase actuar no resto de casas encostadas ao Pazo de Ombreiro desde a Rúa San Pedro para pechar así totalmente o edificio consistorial, xa que asegura que están protexidas. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios