Educación comprométese a ''reforzar'' as titulacións do campus de Lugo

Lage y Basadre se saludan tras la reunión de PSOE y Lugonovo.
photo_camera Lage y Basadre se saludan tras la reunión de PSOE y Lugonovo.

A Consellería de Cultura e Educación manifestou onte que se compromete a reforzar «as titulacións do campus de Lugo para que este acade no 2015 os niveis de especialización e calidade que lle permitan manter unha posición de competitividade dentro do Sistema Universitario de Galicia».

Segundo a Consellería de Educación, o compromiso co campus lucense traducirase en que «serán especialmente consideradas as propostas que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) presente nos vindeiros anos de cara a mellorar a actual situación do campus de Lugo, poñendo en valor as súas fortalezas e potenciando a proxección de futuro como núcleo revitalizador do seu entorno socioeconómico».

Esta declaración xorde despois de que o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, manifestase nunha entrevista concedida a El Progreso que «Lugo non necesita 20 titulacións, senón dúas ou tres veterinarias, estudos potentes». Esta frase causou gran balbordo en círculos universitarios e políticos da cidade e impulsou unha moción do PSOE no pleno para pedirlle á Xunta que explique con precisión as súas intencións.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios