Educación puntuará os anos de interinidade nos concursos de traslados

Asistentes a las jornadas de Anpe. (Foto: Alba Castro)
photo_camera Asistentes a las jornadas de Anpe. (Foto: Alba Castro)

A Consellería de Educación acaba de convocar o concurso de traslados de profesores para o próximo curso e introduce un cambio moi relevante e que enfrontará ao persoal docente. Os profesores poderán presentar como méritos para puntuar os anos de experiencia anteriores a obter a praza, é dicir, os períodos como interinos ou funcionarios en prácticas, que ata agora non baremaban.

Educación presentou este cambio na última reunión da mesa sectorial celebrada hai uns días e Anpe informou del nas XVII Xornadas do Ensino, que celebrou onte e antonte en Lugo. A maioría da comunidade educativa aínda non está ao tanto e, de feito, onte caeu como unha bomba no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado, sede das xornadas.

NICOLÁS FERNÁNDEZ, presidente nacional de Anpe
«A Lomce dana ao profesorado e ao ensino público»

Está considerado un sindicato próximo ao PP e por iso a rotundidade coa que o presidente nacional de Anpe, Nicolás Fernández, rexeitou onte a Lomce en Lugo chamou a atención. «Se o Goberno non fai un esforzo por aprazar algunhas das medidas máis conflitivas, será unha lei que naza con data de caducidade. E será unha oportunidade perdida» dixo. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios