A dúas velas pola subida da luz

Algunos de los hosteleros que harán hoy el apagón, con las velas. (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Algunos de los hosteleros que harán hoy el apagón, con las velas. (Foto: Sebas Senande)

Quedarán a dúas velas pero o farán para protestar polo elevado custo da luz. Óscar Santiso, da cervexería Conde, e oito hostaleiros máis da praza do Castiñeiro e das rúas Lamas de Prado, Quiroga e Portugal tomaron esta decisión co fin de facer ver o seu descontento pola subida da luz. Os establecementos participantes son: a cervexería Fariñas, a parrillada Vilacoba, a hamburguesería García, o restaurante Ferro, o bar Josmar, a taberna Candy, o café bar Carballal e a Bodeguilla dos Rubios. Todos eles farán esta noite o mesmo: de nove a nove e media baixarán o interruptor do limitador e quedarán sen luz, como quen di a dúas velas, que máis que dúas serán, no caso da cervexería Conde, trinta en total.

«Somos os primeiros hosteleiros de Galicia en facer algo así. Facémolo só durante media hora porque é unha molestia facelo máis tempo, xa que non poderiamos traballar. Pero esa media hora, apagamos todo, incluso a televisión, a cafeteira e o resto dos electrodomésticos», explica Santiso.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios