Dous imputados por simular un accidente para estafar ao seguro

Dous mozos lucenses, de 26 e 29 anos de idade, foron imputados pola Garda Civil porque presuntamente estafaron 8.000 euros a unha compañía de seguros ao simular un accidente de tráfico. Ademais o segundo deles falsificou os informes médicos sobre as lesións que sufrira nesa colisión amañada para poder percibir unha maior contía.

O mozo de 26 anos declarou ante a Garda Civil que o outro imputado, que é compañeiro de traballo, ofreceulle unha compensación económica, que asegurou que nunca recibiu, a cambio de provocar un accidente porque quería cambiar o parachoques do seu vehículo. Díxolle que o fixo máis veces e que non pasaba nada.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios