lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Dous homes e un xuízo

O encargado dunha cafetería lucense foi condenado a pagar un total de 510 euros -60 de multa e 450 de indemnización- por tocarlle o cu a unha muller, que traballaba de comercial. O noivo da moza decidiu tomarse a Xustiza pola súa man e acudiu ao establecemento para agredir ao encargado, polo que tamén terá que desembolsar un total de 300 euros.

Os feitos remóntanse ás nove e media da mañá do 11 de agosto de 2010, cando a muller -que traballaba como comercial para unha empresa distribuidora de bebidas e produtos de alimentación- acudiu a unha cafetería da Rolda das Mercedes.

Como xa fixera noutras ocasións, a muller falou co encargado do establecemento para ofrecerlle os seus produtos e, no medio da conversación, o home saíu do mostrador e agarrouna pola cintura. Acto seguido, púxolle unha man á altura do ventre e a outra nas nádegas, polo que a muller comezou a sentir medo e marchouse inmediatamente do local.

Consiga AQUÍ a información completa

Dous homes e un xuízo
comentarios