Dous homes, a xuízo por pegar a un compañeiro de traballo á saída dun pub

Dous homes, con iniciais P.G.J. e I.J.M., enfróntanse a sendas penas dun ano de prisión por agredir a un compañeiro de traballo ao saír dun pub da rúa San Roque.

Segundo o escrito do fiscal, na madrugada do 4 de xuño de 2008, a camareira do local pediulle a este último que controlase aos seus amigos «porque estaban bébedos e molestaban».

O ministerio público mantén que os imputados saíron entón do local e, cando o fixo o seu compañeiro, abalanzáronse sobre el e presuntamente propináronlle varias patadas e puñadas. A vítima tivo que recibir varios puntos de sutura.

Comentarios