''Doaremos un quilo de arroz por cada consumición''

Estefanía López Souto (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Estefanía López Souto (Foto: Pepe Tejero)

Estefanía López Souto, propietaria da cervexería O Petisco, en Magoi, que colabora co Banco de Alimentos

¿En que consistirá a súa colaboración co Banco de Alimentos?

En que doaremos un quilo de arroz por cada consumición que fagan os clientes o día da inauguración.

¿Cando será?

O vindeiro xoves, ás oito da tarde.

¿Como se lles ocorreu esta iniciativa?

Pensamos que invitar os clientes sen máis non tería moito sentido. Así que decidimos cobrar a consumición pero investindo ese diñeiro en comprar paquetes de arroz, que doaremos ao Banco de Alimentos.

Consiga AQUÍ a información completa

Más en Lugo Ciudad
comentarios