Dez vidas ao redor dun banco

El apuñalamiento del pasado miércoles desenmascaró el problema social (Foto: Ponte)
photo_camera El apuñalamiento del pasado miércoles desenmascaró el problema social (Foto: Ponte)

Un dos homes que onte compartía banco na Praza da Constitución, con outros indixentes, xactábase de que na súa vida activa «sempre andaba con 20.000 duros no bolso». Por aquel entón, era camioneiro e albanel. Gañaba diñeiro. A droga cruzouse no seu camiño e pasou en prisión dez anos. Saíu do cárcere e enfermou. Tivo dous tumores. Agora cobra a Risga: 466 euros ao mes e cústalle pagar o último recibo da luz, «de 70 e pico euros, a ver se mo paga o cura», di.

Él é un dos que está no banco, o mesmo que comparten, a diferentes horas do día, outra decena de persoas, todas elas indixentes, algunhas sen casa, con familias desestructuradas e sen traballo. Vidas reunidas ao redor dun asento onde se entrelazan historias nas que abundan o alcol e as drogas. Mentres, toman a praza como lugar de reunión, desde a mañá á noite, entre bebida, charla e unha mínima axuda social, a necesaria para sobrevivir ao día a día, ben a través do comedor social San Froilán, no banco de alimentos ou na frutería da esquina.

CONFLITIVIDADE
Máis bebedeiras que agresións

Os comerciantes da estación de autobuses non se senten inseguros pola presenza destes indixentes. Con todo, afirman que, en ocasións, algúns deles beben e diríxense a algúns establecementos insultando ao persoal. «Hai algúns que veñen bébedos e iso inflúenos porque á xente non lle gusta ver ese ambiente. Estamos cansos de chamar á Policía, pero pouco se fai. Ás veces, tamén nos insultan pero nunca nos agrediron», di unha traballadora. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios