Deteñen a dous homes por ameazar con arma branca a sendas dependentas

Dous homes foron detidos pola Policía Local tras ameazar, por separado, a dúas dependentas. Un dos arrestados é un mozo madrileño de 25 anos, L.D.P., que foi localizado pola Policía, o pasado domingo sobre as catro e media da tarde, na praza de Asturias, debido a que loce unha crista na cabeza. Este mozo roubara varias lambetadas nunha tenda da rúa San Pedro tras ameazar á dependenta cunha navalla que levaba no peto pero que, segundo a Policía, non chegou a blandir cara a ela.

Indixente

Tamén foi detido M.N.G., de 48 anos, sen domicilio fixo e en situación de indixencia, que o pasado xoves ameazou, cun coitelo, á encargada dun supermercado da rúa San Roque, segundo denunciou esta a a Policía. Ao parecer, o home reaccionou deste xeito tras solicitarlle a traballadora que abandonase as instalacións ao estar a atemorizar á clientela.

O indixente foi identificado pola Policía Local nas inmediacións da capela de San Roque, incautándoselle o coitelo. O home foi denunciado por posesión de arma branca prohibida e pola exhibición de obxectos perigosos para a integridade das persoas.

Comentarios