Construtores e goberno local reúnense para aclarar dúbidas do PXOM

Membros da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (Apec) reuníronse onte na casa consistorial co concelleiro de urbanismo, Luís Álvarez, e técnicos deste departamento para aclarar dúbidas sobre posibles interpretacións do PXOM.

Álvarez enmarcou o encontro dentro das consultas que se adoitan realizar cando se fai un cambio na achaiadura e que poden derivar en aclaracións por parte do equipo redactor do plan e incluso en interpretacións por parte do pleno municipal. «É lóxico que cando se aproba un novo plan xurdan dúbidas que é preciso clarexar», comentou o concelleiro, quen recordou casos anteriores nos que foi necesario interpretar o PXOM, como ocorreu co cambio na normativa sobre densidade de vivendas.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios