Condenas de 3 e 4 anos de cárcere para dous lucenses por vender cocaína polo miúdo

Los acusados, ayer en la Audiencia de Lugo (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Los acusados, ayer en la Audiencia de Lugo (Foto: Xesús Ponte)

A Audiencia Provincial de Lugo impuxo onte penas de prisión a dous homes acusados de traficar con cocaína polo miúdo na capital lucense. Un dos procesados, M.P.G., aceptou unha condena de catro anos e medio de cárcere, mentres que o seu compañeiro, M.I.L.P., foi condenado a tres anos de prisión.

Segundo argumentou o ministerio público, no ano 2009, M.I.L.P. dedicábase a vender sustancias estupefacientes a terceiras persoas «de forma habitual». As entregas tiñan lugar en distintos puntos da cidade, aos que o acusado se desprazaba logo de concertar unha cita cos compradores a través de varias liñas de móbil.

En concreto, o día 13 de abril de 2009, o acusado entregou a un mozo dous bolsitas de plástico con cocaína a cambio de oitenta euros en metálico. Cada un destes envoltorios -que foron intervidos posteriormente pola Policía- contiñan unha cantidade aproximada de 0,700 gramos de droga.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios