Condenado por crear un montacargas caseiro que lle custou a vida á súa nai

O xulgado de instrución número 1 de Lugo condenou a un veciño da capital que fabricou un montacargas caseiro que lle custou a vida á súa nai e deixou ferida á súa coidadora. O xuíz impúxolle unha multa de 150 euros como autor dunha falta de lesións e obrígalle ademais a indemnizar á asistenta social en 18.535 euros polas lesións e as secuelas.

Segundo explica a sentenza, o acusado contratou os servizos dunha empresa dedicada á asistencia domiciliaria para atender durante unha hora diaria aos seus proxenitores, cos que convivía. Deste xeito, unha asistenta social desprazábase todos os días ao seu domicilio -de oito menos cuarto a nove da noite- para darlles a cea e administrarlles os medicamentos que necesitaban.

Normalmente, o matrimonio pasaba a xornada nun centro de día e regresaba ao seu domicilio sobre as oito da tarde, cando o fillo xa estaba en casa. De feito, era el quen se facía cargo persoalmente da súa nai, que tiña problemas importantes de mobilidade.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios