Condenada por roubar nun turismo tras atoparse as chaves tiradas na beirarrúa

Quizá non tiña pensado roubar, pero atopou as chaves dun coche tiradas na beirarrúa e non o pensou dúas veces. A acusada, unha moza de 20 anos de idade con iniciais D.M.M., camiñaba pola rúa Montero Ríos sobre as dez e media da mañá do 9 de xullo de 2013. Nese momento, a moza -que ía acompañada por un familiar menor de idade- atopouse no chan as chaves dun coche e comezou a probalas en todos os turismos aparcados nas proximidades, ata que tivo sorte e conseguiu abrir un.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios