Preto de 200 lucenses son usuarios do programa para compartir automóbil

Conductores en una céntrica calle de la ciudad (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Conductores en una céntrica calle de la ciudad (Foto: Pepe Álvez)

Un total de 185 lucenses están rexistrados no programa para compartir coche promovido polo Concello, segundo os últimos datos dispoñibles, correspondentes ao mes de agosto. O servizo ten o obxectivo de pór en contacto a persoas que teñen que realizar similares traxectos, xa sexan regulares ou esporádicos, de forma que poden facelo no mesmo vehículo e aforrar.

Trátase dun plan que suma novos rexistrados de Lugo cada mes, cunha media duns sete máis cada 30 días. A inmensa maioría, un 40%, recorre ao servizo para facer viaxes de traballo, mentres que só un 4,1% fai uso del para percorres traxectos relacionados cos seus estudos.

O 52% utilízao puntualmente, mentres que o resto faio periodicamente. A media de idade dos usuarios lucenses do programa é de 35 anos.

O servizo dá a posibilidade de rexistrarse tanto a condutores, como a persoas que desexan ir de pasaxeiros e compartir gastos ou a aqueles que admiten ambas as posibilidades.

Case un 40% está disposto a conducir ou a ir de pasaxeiro, aínda que se apunta que a maioría dos usuarios do programa teñen coche (54,5%), fronte ao 45,5% que non posúen vehículo propio.

En canto ás viaxes, os últimos que tiveron como orixe Lugo se dirixiron a Madrid, A Coruña, Ribadeo, Vigo e Pontevedra; mentres que os que tiveron a cidade como destino viñan de Madrid, A Coruña, Burela, Monforte e Ribadeo.

Dentro da cidade, os últimos destinos foron o hospital, Carrefour e a facultade de Administración de Empresas.

O programa tamén permite o intercambio de aparcadoiros, pondo en contacto a persoas que buscan unha praza para estacionar nunha zona determinada co propietario.

No mes de agosto foron 23 as persoas que recorreron a esa opción, o que supón un considerable descenso desde xullo, cincuenta usuarios menos, unha baixada atribuíble ás vacacións.

O obxectivo do programa é o aforro de custos económicos, pero o programa tamén ten unha función ambiental, xa que se reducen os coches en circulación polas estradas.

Comentarios