Cáritas impulsa co plan Emprégate catro proxectos de emprendedores

Jorge Yáñez se encarga de gestionar el proyecto autoempleo Emprégate. PEPE ÁLVEZ.
photo_camera Jorge Yáñez se encarga de gestionar el proyecto autoempleo Emprégate. PEPE ÁLVEZ.

O programa de formación e autoemprego Emprégate de Cáritas está a sacar adiante os proxectos empresariais de catro emprendedores de Lugo. Un eles abrirá o seu propio negocio despois do verán, unha barbaría con servizos específicos cos que se busca a diferenciación. Mentres tanto, os outros tres están pendentes de arranxar pequenos detalles burocráticos para botar a andar.

Jorge Yáñez, encargado do servizo de emprego de Cáritas en Lugo, explica que o proxecto Emprégate xurdiu co obxectivo de ofrecer unha posibilidade máis para que a xente confíe no autoemprego como alternativa á escaseza de ofertas de emprego reinante na actualidade. Foi así como o pasado mes de abril puxéronse en marcha unhas xornadas informativas ás que acudiron ao redor dunha vintena de persoas inscritas no programa de emprego de Cáritas, das cales 18 presentaron un proxecto de empresa. As ideas foron valoradas por unha comisión de expertos, da cal formaban parte, entre outros, mozos emprendedores da cidade e socias de Mulleres Empresarias.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios