Cambios na paisaxe urbana

Tala en las cuestas del Parque, con las torres de O Garañón al fondo. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Tala en las cuestas del Parque, con las torres de O Garañón al fondo. (Foto: Pepe Tejero)

É tempo de podas e tallas e o Concello está a aproveitar para retirar árbores enfermas ou que, por outras razóns, ameazan a seguridade dos viandantes, o que está a cambiar a fisionomía dalgúns espazos urbanos.

A transformación máis notoria é a das costas do parque Rosalía de Castro. Calfensa, a empresa que mantén as zonas verdes da cidade, tallou doce árbores, exemplares vellos e decrépitos que levaban anos dando problemas pola caída constante de ramas. Eran sete acacias, dous chopos e tres salgueiros e serán substituídos en principio por exemplares novos das mesmas especies, segundo indicou o concelleiro de medio ambiente, Luís Álvarez. Aínda que pasará tempo ata que as árbores poidan cumprir a función dos seus antecesores, dar sombra no verán para merendas e sestas e privacidade a parellas para arrumacos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios