Besteiro renova nun 63% a executiva do PSOE con colaboradores e novos

Pachi Vázquez y Besteiro se saludan en presencia de Ricardo Varela, ayer (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Pachi Vázquez y Besteiro se saludan en presencia de Ricardo Varela, ayer (Foto: Pepe Álvez)

O novo secretario xeral do PSDEG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, presentou onte unha lista renovada nun 63% e cunha media de idade de 38 anos, que recibiu o referendo do 95% dos delegados asistentes á última xornada do congreso provincial. Besteiro moveu o banco, como anunciara na xornada do sábado, para rodearse de persoas que xa colaboran con el na Deputación, como o novo secretario de organización, Juan Carlos González Santín, asesor neste organismo, ou os deputados provinciais Juan José Díaz Valiño, José Ramón Val e Pilar García Porto. Tamén incorpora a novos valores da canteira socialista, así como a veteranos alcaldes como o rexedor de Pedrafita, José Luís Raposo, ou novos, como a mandataria do Incio, Laura Celeiro.

Un total de 26 persoas -15 homes e 11 mulleres- integran unha lista coa que o novo líder do PSOE lucense pretende facer política «de abaixo a arriba», para converterse en portavoces de Lugo e dos seus problemas. «Falaremos dos recortes na sanidade, do díficil momento que atravesa a industria ou do abandono que se está a producir na agricultura», comentou Besteiro onte, para engadir que unha das prioridades da súa executiva será «facer un PSOE máis útil e necesario que nunca».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios