Besteiro accede a un pleno extraordinario para explicar de novo o rexistro de De Lara

Besteiro, en la comparecencia del martes (Foto: SEBAS SENANDE)
photo_camera Besteiro, en la comparecencia del martes (Foto: SEBAS SENANDE)

O presidente da Deputación lucense, José Ramón Gómez Besteiro, vai comparecer o próximo luns, ás oito da tarde, nun pleno extraordinario para dar explicacións sobre o rexistro xudicial que se produciu na sede desta corporación o pasado día 21.

Gómez Besteiro, que atende desta maneira a solicitude realizada este venres polo grupo provincial do PP, comparecerá por segunda vez en menos dunha semana para informar sobre as actuacións dirixidas pola titular do xulgado de instrucción número 1 de Lugo, Pilar de Lara.

O máximo dirixente da corporación provincial asegurou que as comparecencias "deben facerse con total normalidade, transparencia e sen ánimo de ocultar ningún tipo de información".

Desde o equipo de goberno saliéntase que o presidente responde coa "máxima axilidade" á petición formulada este mesmo venres polo PP.

Explica que para a celebración da sesión plenaria teñen que pasar 48 horas de días hábiles para poder convocala, tal e como establece o regulamento orgánico desta institución. Este pleno celebrarase despois de que Gómez Besteiro asista ao que terá lugar na mesma tarde do luns no Concello de Lugo, onde o secretario xeral dos socialistas galegos é edil.

O goberno provincial tamén fai fincapé en que esta segunda comparecencia en menos dunha semana para informar sobre as actuacións xudiciais que atinxen á institución é un exemplo de "transparencia sen precedentes noutras administracións galegas".

Comentarios