Banesto pecha a sucursal en San Roque polo seu plan de ''optimización de oficinas''

C:Documents and SettingsjduranMis documentosMis imágenesanesto-v11.JPG
photo_camera C:Documents and SettingsjduranMis documentosMis imágenesanesto-v11.JPG

Banesto pechará a súa sucursal na rúa San Roque. A compañía confirmou onte a decisión de suprimir esa oficina de forma inmediata, aínda que asegurou que o persoal será recolocado nas seúas outras sedes de Lugo.

A entidade sinalou que todos os traballadores conservarán o seu emprego, xa que non se trata de reducir a actividade en Lugo, senón de axustar a rede de oficinas. A decisión tomouse, segundo Banesto, logo da apertura, hai xa tempo, dunha sucursal na Avenida da Coruña, «que é unha zona en expansión».

En tanto, CC.OO. atribuíu igualmente o peche a que «como están a facer todas as entidades, Banesto tamén está a optimizar a súa rede de oficinas».

Segundo a central, esa política non está a levar recortes de emprego, pero si axustes de gasto, xa que unha sucursal leva moitos desembolsos.

Incluso o sostemento dun caixeiro automático leva grandes custos e, en período de crise, a banca intenta aforrar, sinalaba CC.OO.

Comentarios