Ataca cunha navalla ao porteiro dun pub porque non lle deixou saír coa copa

Un cliente que atacou cunha navalla ao porteiro dun pub do centro histórico de Lugo aceptou onte unha condena dun ano de cárcere. O acusado -un lucense de 26 anos de idade, con iniciais A.P.A.- recoñeceu a súa culpabilidade ante a xuíza e pactou a pena co ministerio público, que nun principio solicitaba para el unha condena de dous anos e catro meses de prisión.

A Fiscalía rebaixou a súa petición de condena tras recoñecer que se daba a atenuante de dilacións indebidas, xa que a agresión produciuse fai máis de catro anos. Ademais, aceptou substituír os doce meses de cárcere por unha multa, así que o acusado esquecerase da pena privativa de liberdade a cambio de pagar 2.880 euros. O mozo explicou que actualmente non ten ingresos, pero se comprometeu a reunir o diñeiro e abonar esa cantidade nun máximo de catro prazos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios