Arrasa a sesión café

Asistentes a la verbena de ayer (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Asistentes a la verbena de ayer (Foto: Pepe Tejero)

As verbenas teñen a súa parroquia e esta é fiel e entregada, de forma que menudencias como a hora á que dá comezo non afecta á súa presenza e dedicación. Así quedou demostrado onte, na actuación da orquestra Acordes na Praza Maior, ás cinco e media da tarde.

Baixo un sol que aínda quentaba un pouco e nunha praza abarrotada, centos de persoas arrincáronse a marcarse pasodobres ou aplaudir corridos, mentres nas terrazas os que non perdoan o café ao aire libre mentres o outono siga sendo benevolente tomárono acompañado de música pachangueira a fume de carozo. Dous dos observadores desde a barreira foron Orozco e Basadre.

Programa de hoxe

13.00
Concerto de Classic Lugo Ensamble na Rúa da Raíña.
17.00
San Froilán Miúdo. Clases de cociña para nenos coa colaboración da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo na carpa situada nos xardíns da Deputación.
18.00
Actuación dos alumnos do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo na porta de Santiago.
18.00
San Froilán Miúdo. Actuación da compañía Lila Espectáculos: Bestiario Extrafalario na carpa situada nos xardíns da Deputación.
20.30
Verbena coa orquestra Breixa Band na Praza da Milagrosa.
20.30
Concerto do grupo lucense Pastillas Mamut na Praza da Soidade. Tamén estaba prevista a actuación de Arrythmia, pero foi suspendida polo problema de saúde dun dos integrantes da banda.
21.00
Noite de foliada coa banda da Casa das Crechas e invitados na Praza de Santa María.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios