Arde Lucus 2014 celebrarase entre o 13 e o 15 de xuño

Lucha de gladiadores en el circo romano del último Arde Lucus. (Foto: Sebas Senande / AEP)
photo_camera Lucha de gladiadores en el circo romano del último Arde Lucus. (Foto: Sebas Senande / AEP)

As celebracións do Nadal acaban de concluír e a concellaría de cultura xa prepara un dos principais e máis concorridos eventos do ano, o Arde Lucus, que na edición de 2014 será entre os días 13 e 15 de xuño, para non coincidir cos actos de Corpus e a festividade do San Xoán.

As datas foron confirmadas onte pola concelleira Carmen Basadre durante a presentación das bases do concurso para elixir o cartel anunciador da festa do mundo romano e castrexo. «Poñerémonos xa a traballar para levar a cabo o Arde Lucus e o Lucus Cultural», comentou Basadre nunha rolda de prensa na que tamén anunciou que pretenden impulsar a creación dunha nova asociación de recreación histórica. «Abriremos un prazo para que a xente apúntese e poida elexir o personaxe co que se queira caracterizar», comentou.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios