Aparece morto dun disparo un lucense tras ameazar á súa muller

Un home veciño de Lugo morreu o 30 de abril dun disparo da súa propia escopeta, coa que supostamente ameazara minutos antes á súa esposa, a pesar que tiña unha orde xudicial de afastamento. Barállase a hipótese do suicidio, aínda que non se descartan outras, por exemplo a dun accidente.

Os feitos ocorreron ás oito da mañá, na Rúa Pederneira, no barrio de Albeiros, no edificio onde estaba a vivenda conxugal, na que xa non vivía o home. A muller atopouno armado no garaxe e fuxiu. Pouco despois ouvíronse dous disparos e un acabou coa vida do suposto maltratador.

A Policía non chegou a intervir, porque todo se produciu en cuestión de minutos, aínda que os axentes xa estaban na porta cando se produciron os disparos.

Ao agora falecido retiráraselle a licenza de armas e a escopeta de caza, pero utilizou a dun amigo.

Comentarios