Antonio Rigueiro: ''O sector forestal debería ser o motor da nosa economía e non o está sendo''

Antonio Rigueiro. Foto: XESÚS PONTE
photo_camera Antonio Rigueiro. Foto: XESÚS PONTE

Enxeñeiro de Montes criado ao pé do Courel, está convencido de que á sombra das árbores a economía galega podería medrar moito. Pero fai falta poñer en marcha recetas que se coñecen, pero non se aplican. 

É, probablemente, un dos profesores máis coñecidos do campus lucense pola súa labor xestora (foi director da Escola Politécnica Superior) e investigadora, pero tamén polo seu afán divulgador. Asegura que atopou no monte a súa vocación e que, aínda que recaen nel moitas encomendas, síntese afortunado co seu traballo.

É presidente da xunta consultiva do parque natural Fragas do Eume, director da Estación Científica do Caurel, autor do plan de actuacións para convertilo en parque natural, exdirector do Ibader. Moito se recorre a vostede...

Por sorte o noso grupo ten bastante demanda de actividades, aínda que os recursos para investigación son cada vez menos. No caso do Ibader marcábano así as normas da universidade, por ser o catedrático máis antigo. O certo é que a fin de semana sempre marcho para a casa con varias carpetas.

O nomeamento máis recente é o das Fragas do Eume, un exemplo de bosque atlántico intercalado de franxas de eucaliptos.

Esas franxas son parcelas particulares que hai moitos anos, hoxe non está autorizado, replantáronse con eucalipto. Tamén están entrando outras especies exóticas, como o loureiro romano. Hai que sacalos de aí, pero, ao estar nun terreo en pendente, non é doado sacalos sen danar as árbores autóctonas. Penso que se debería retomar este tema e buscar solucións para ir eliminándoos, pero a xunta, que é moi ampla, é consultiva. É máis ou menos importante segundo a importancia que lle queiran dar os órganos de xestión, que neste caso é a Consellería de Medio Ambiente.

«COBRAR POR FACER O QUE CHE GUSTA É UN PRIVILEXIO, EU PAGARÍA POR ISTO»

Vostede escolleu este campo por vocación?

Non, é totalmente o contrario. Estou encantado coa esta profesión e se a coñecera cando tiven que elixir, elixiría esta, pero a min pasoume o que a moitos, que non sabía que facer. Estudei nos Maristas, e alí tiven un gran profesor de Física e Química, así que cando tiven que decidir, quixen facer Química. Pero meu pai era o condutor do que era entón xefe de Gandería en Lugo, Dasio Carballeira, e aconsellábase moito con el, así que lle preguntou. El díxolle que era mellor que fixera unha enxeñaría e veu meu pai coa nova para a casa. Eu estaba moi metido na miña aldea, no Incio. Ía pasar os veráns alí e os meus tíos, que non tiñan fillos, víanme como sucesor na explotación gandeira.

«NON TEN SENTIDO QUE GALICIA TEÑA DÚAS TITULACIÓNS DE FORESTAIS»

Neste sector, no que moitas veces a investigación ten unha óptica máis local e mantense grazas a convocatorias nacionais ou comunitarias, estanse notando máis os recortes?

Moito. As axudas do plan nacional houbo un ano que non se convocaron e a Xunta só está convocando as de transferencia de tecnoloxía. Tamén se nota nos convenios de investigación con concellos e deputacións. Nós estamos conseguindo manter as liñas de investigación que tiñamos e as parcelas. Cando hai poucos recursos hai que inxeniarse para seguir facendo cousas.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios