Alarma en Sanfiz por un incendio forestal que cercou varias casas

Tres aeronaves participaron en las labores de extinción. (Foto: J.Vázquez)
photo_camera Tres aeronaves participaron en las labores de extinción. (Foto: J.Vázquez)

«Tivemos sorte de que non facía vento, que se non, meu Deus». Manuel López, que deu a voz de alarma, é un dos veciños de Sanfiz que viu onte como o lume se achegou a menos de cen metros da súa casa nesta parroquia do municipio de Lugo.

A súa non foi a vivenda máis próxima ás chamas. O incendio forestal declarouse a só 20 metros de dous chalés encostados. Os dous estaban onte desocupados. Un porque está en venda e o outro porque os seus moradores atópanse de vacacións.

CAUSA
¿Un aerosol ou unha bolsa de gases dun vertedoiro?

Os veciños de Sanfiz aseguran que ouviron unha explosión xusto antes de que se declarase o lume nunha zona na que hai un vertedoiro incontrolado

«Antes do incendio ouvimos coma se fose unha explosión», explicou Montse López. Os veciños de Sanfiz facían onte cábalas sobre a posible causa do lume que se declarou. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios