Ao bordo do desafiuzamento tras 74 anos de penurias

Matilde ten 74 anos e non pode máis. Levou unha vida dura e agora teme perder a que foi a súa casa durante décadas. Vese ao bordo do desafiuzamento, e iso que o aluguer que paga non é alto: 50 euros ao mes.

«Non pido por pedir», di esta muller, nai de seis fillos e que leva máis de trinta anos residindo en Lugo. Todo ese tempo viviu na mesma casa, que no seu día lle deron a un prezo moi modesto pola súa condición de nai de familia numerosa, explica.

[...]

A Matilde pésalle a súa situación. Non quere que os lucenses coñezan a súa cara nin os seus apelidos, por pudor. Pero pide axuda e ofrece como contacto o que quizais sexa o único ‘luxo' da súa vida: un teléfono móbil que mantén porque, explica, «os fillos temen que calquera noite me pase algo, por iso compráronmo». Se algún lucense está disposto a coñecer o seu caso para axudala pode chamala ao 676512454.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios