Axentes de emprego, ao paro

Oficinas del CEI. (Foto: AEP)
photo_camera Oficinas del CEI. (Foto: AEP)

A lista de desempregados lucenses sumou tres persoas máis en decembro. Tres axentes de emprego que exercían o seu labor no Centro de Empresas e Innovación (CEI) de Lugo acabaron no paro e as razóns non están moi claras. Segundo o Concello, entidade contratante, as reformas lexislativas realizadas polo Goberno impídenlle contratar. Segundo o grupo municipal do PP, o executivo local renunciou a unha subvención que a Xunta e o Estado ofrecíanlle para prorrogar os contratos.

A concelleira de economía e emprego, Sonia Méndez, anunciou hai uns días que o viveiro municipal de empresas deixaba de contar cos tres técnicos porque a Xunta foi rebaixando a subvención nos últimos anos de forma paulatina do 80 ao 29,5%. E debido ás restricións para a contratación que impuxo o Goberno central aos concellos, o Concello non pode asumir agora legalmente o pago dunha cantidade tan alta destes contratos. Unha das axentes presentou unha reclamación ao Concello, unha fórmula coa que, nos últimos anos, outras persoas que prestaron servizo á administración local acabaron entrando no persoal municipal.

MARÍA BALTEIRA
O centro abre unha hora menos ao día porque a Xunta reduciu a axuda

A concelleira de benestar social, Ana González, aclarou onte que o horario do centro cívico María Balteira acurtouse unha hora diaria porque a Xunta reduciu a subvención que achegaba para a contratación do persoal do 100 ao 75%.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios