Afronta tres anos sen carné por conducir bebido e chocar contra un coche parado

O ministerio fiscal solicitou onte unha condena de seis meses de prisión e tres anos de retirada de carné para un home, con iniciais J.E.N.M., acusado de conducir bebido por Ribadeo e encaixarse contra outro turismo.

Tras o accidente o condutor deu unha taxa de alcol de 0,50 miligramos por litro de aire expirado e os axentes declararon que presentaba outros síntomas de atoparse ebrio, como a fala pastosa. Con todo, o acusado achacou eses síntomas a que padece faringitis crónica e ademais é fumador, pero asegurou que se atopaba en perfectas condicións para conducir. Ademais, a súa letrada argumentou que non cometeu ningún delito porque non alcanzou os 0,60 miligramos co que a súa infracción sería só administrativa.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios