Adquirida unha leira de Tablicia nunha poxa por 4 veces o seu prezo de saída

Un maderista de Frades (A Coruña) adquiriu onte unha leira de 14 hectáreas de superficie que Tablicia tiña en Outeiro de Rei por 200.000 euros, máis Iva. Ese importe é case catro veces máis que o prezo de saída que tiña, 59.000 euros.

Chama a atención que por esa parcela de uso agrícola a administración concursal recadou case unha décima parte do que a compañía peruana Representacións Martín vai pagar pola factoría de Tablicia en Nadela, 2,5 millóns de euros. O próximo 4 de decembro formalizará en Lugo a escritura de compra, coa presenza do número un da firma andina, o xerente xeral Jesús Alberca Martín.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios