Acordadas novas protestas no sector da limpeza

A centrais CIG, UXT e CC.OO. levarán a cabo unha campaña de denuncia ante organismos públicos se a patronal do sector da limpeza en edificios e locais non aproxima posturas na negociación do convenio colectivo. Así o acordaron nunha asemblea de traballadores celebrada onte.

Patronal e sindicatos vólvense a reunir hoxe. A parte social presentará unha nova proposta. Se esta non é aceptada ou non aprecia un achegamento, concentrarase semanalmente ante organismos públicos para informar as condicións en que se presta o servizo e que, ao seu xuízo, non se axustan ao contrato subscrito.

Comentarios