O Candelaria faille un favor ao dúo de cabeza

Un concierto reciente de Álex Ubago.
photo_camera Un concierto reciente de Álex Ubago.

O Valadouro deulle caza ao San Ciprián no alto da táboa de Segunda tras o seu triunfo ante o Cospeito, 2-1, e a derrota sancibrense no campo do Luís Pimentel. Os ferreirenses víronse ademais beneficiados pola derrota do terceiro, o Xermade, que caeu por 1-0 en Cangas fronte ao Candelaria, outro equipo que segue sen renunciar a dar caza ás dúas escuadras de arriba.

O adestrador do Candelaria, Julio César Castro, cualificou de «épico» o triunfo cultivado polo seu equipo fronte ao Xermade, non só polo sucedido durante os 90 minutos, senón durante a semana. «Quero agradecerlle aos xogadores o gran apoio recibido nunha semana complicada a nivel persoal. Ata 18 xogadores asistiron aos adestramentos, demostrando o que valen, e non só falo deportivamente», sinalou.

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Ligas Autonómicas
Comentarios