Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

Justicia págalle á infanta Cristina os 322.000 euros que lle debía do caso Nóos

A infanta Cristina e o seu marido, Iñaki Urdangarín. CATI CLADERA (EFE)
A infanta Cristina e o seu marido, Iñaki Urdangarín. CATI CLADERA (EFE)

A muller de Urdangarín pagara 587.000 euros de fianza en 2014 e despois o fallo só a condenou a pagar unha multa de 265.000

O Ministerio de Xustiza devolveulle xa á infanta Cristina os 322.000 euros que lle debían do caso Nóos, segundo informou este mércores El Confidencial  

En concreto, a sentenza da Audiencia de Palma absolvíaa do delito fiscal da que estaba acusada aínda que lle impuña o pago dunha multa de 265.088 euros en concepto de responsabilidade civil subsidiaria.

Como a infanta abonara 587.413 euros da fianza imposta polo fiscal Pedro Horrach, tras coñecerse o fallo decidiu reclamar a diferenza, que son eses 322.325 euros que agora lle devolve Xustiza.

Justicia págalle á infanta Cristina os 322.000 euros que lle debía...
Comentarios