Xabier Fortes dirixirá e presentará 'Los Desayunos' de TVE

O xornalista pontevedrés foi nomeado pola nova directora de Informativos, Begoña Alegría

Xabier Fortes tras recibir el Ondas al mejor presentador. DP
photo_camera Xabier Fortes tras recibir el Ondas al mejor presentador. DP

O xornalista pontevedrés Xabier Fortes dirixirá e presentará a partir do próximo mes de setembro Los Desayunos de TVE.

O nomeamento de Xabier Fortes é a primeira decisión da nova directora de Informativos, Begoña Alegría.

Fortes é membro do Consello de Informativos de TVE e un dos profesionais que máis denunciou a censura e a manipulación no ente público.

Dáse a circunstancia de que Xabier Fortes substituirá en Los Desayunos ao xornalista que asumiu a dirección da La Noche en 24 en 2012, Sergio Martín, ao ser cesado o pontevedrés.

NOMEAMENTOS. O portavoz do Grupo Parlamentario Popular na Comisión Mixta de RTVE, Ramón Moreno, anunciou este venres que van solicitar a comparecencia de Rosa María Mateo no Congreso "para pedir explicacións pola onda de nomeamentos e polo descarado seguidismo gobernamental da cadea pública".

"En lugar de exercer un cargo transitorio irrompeu en RTVE como unha auténtica déspota que pode campar ás súas anchas sen estar sometida ao menor control", denuncia.

Comentarios