O viúvo de Concha Márquez Piquer perde o móbil no féretro da falecida

A artista feneceu o pasado 18 de outubro tras un mes ingresada nun centro hospitalario de Madrid
Concha Márquez Piquer. EFE
photo_camera Concha Márquez Piquer. EFE

Tras un mes ingresada, Concha Márquez Piquer falecía aos 75 anos o pasado 18 de agosto. A artista padecía unha infección pulmonar que finalmente lle custou a vida.

Este xoves, varios medios relataron unha escena estraña que se produciu no enterro da filla da cantante Concha Piquer: Ramiro Oliveros, o seu marido e viúvo, perdeu o móbil, que apareceu no féretro onde xacía o corpo da cantante.

En canto o home botou en falta o seu teléfono, a súa filla comezou a chamar para ver se daba sinal nalgún lugar próximo. Os sons, xunto a unhas fotos nas que se apreciaba o dispositivo no féretro, axudaron a achar o móbil. 

Filla da ilustre cantante Cocha Piquer, Márquez foi famosa desde o seu nacemento en 1945, baste recordar que a súa madriña foi Eva Perón. Alcanzou unha notable popularidade en España e en Hispanoamérica, e en 1977 gañou o Festival de Bulgaria. Traballou con distintos estilos, pero destacou pola copla e pola interpretación do repertorio da súa nai.