O ex futbolista vilalbés Vicente Celeiro acaba de ser avó aos 56 anos

O seu fillo Borja e a súa nora Elena acaban de ter unha nena na Coruña que se chama Rocío

Vicente Celeiro, con su hijo y su nieta
photo_camera Vicente Celeiro, co seu fillo e a súa neta. EL CORREO GALEGO

O chairego Vicente Celeiro, ex futbolista de Deportivo da Coruña e Celta de Vigo, acaba de ser avó dunha nena que se chama Rocío. O nacemento tivo lugar na clínica Maternidad Belén da Coruña.

Os pais de Rocío, que naceu en perfectas condicións, son Borja Celeiro, fillo do mítico goleador, e Elena, que se recupera satisfactoriamente do parto natural.

Toda a familia respira felicidade pola chegada dun novo membro que fai avó ao mítico ex xogador de Vilalba á idade de 56 anos. 

Comentarios