Universal afronta unha denuncia millonaria por borrar a Ana de Armas dunha película

Alegan que alugaron a película atraídos pola súa presenza no tráiler
Ana de Armas. ARCHIVO
photo_camera Ana de Armas. ARCHIVO

Conor Woulfe e Peter Michael Rosza demandan a Universal por cinco millóns de dólares (4,4 millóns de euros) por eliminar a Ana de Armas do filme Yesterday de Danny Boyle.

Os denunciantes alugaron a película, estreada en 2019, en Amazon Prime Vídeo por 3,99 dólares (3,52 euros), alegando que o fixeron atraídos pola presenza da hispanocubana Ana de Armas, a quen idolatran e viron como parte da repartición no tráiler.

Acudiron aos tribunais cando comprobaron que o tráiler que ofrecía a plataforma era antigo, e que, logo de montalo, os produtores da película decidiron prescindir da actriz.

"Prometéuselles unha película con Ana de Armas e obtiveron un filme sen rastro da actriz, nada de valor polo que pagaron", versa a denuncia dos dous espectadores.

Comentarios