Unha quenlla ataca a unha modelo durante unha sesión de fotos nas Bahamas

A moza foi trasladada ao hospital, onde recibiu uns puntos de sutura

Un tiburón muerde a una modelo en las Bahamas. KATARINA ZARUTSKIE
photo_camera O momento da dentada. KATARINA ZARUTSKIE

A modelo de Instagram e estudante de enfermería Katarina Elle Zarutskie, de 19 anos, foi vítima dun ataque de quenlla durante unha sesión de fotos nas Bahamas.

A moza estaba a se dar un baño con quenllas cando un dos animais mordeuna nun brazo e arrastrouna baixo a auga.

O momento xusto da dentada foi captado pola cámara dun familiar da modelo, quen tivo que ser trasladada ao hospital e recibiu varios puntos de sutura. 
 O brazo da modelo tras a mordedura. KATARINA ZARUTSKIE

Comentarios