Terelu Campos sométese a unha drenaxe para diminuír as dores causadas pola operación

A colaboradora foi intervida o pasado 11 de xullo do seu segundo cancro de mama

Terelu Campos. INSTAGRAM
photo_camera Terelu Campos. INSTAGRAM

Tras a súa intervención cirúrxica do pasado 11 de xullo, Terelu Campos volveu ao centro médico Fundación Jiménez Díaz para someterse a unha drenaxe que diminúa as dores producidas pola operación.

Acompañada da súa irmá, Carmen Borrego, a colaboradora de televisión atendeu aos medios e explicou as causas da súa visita ao centro hospitalario. Afirma estar "dorida" e ter ganas de descansar, coa única preocupación en mente de recuperarse e protexer a súa saúde.

Despois de que o pasado 6 de xullo fixese público que padecía cancro de mama por segunda vez, Terelu Campos foi apoiada tanto pola súa familia como polos seus compañeiros de profesión, que se mostran esperanzados.

Comentarios