Suspenden un concerto de Sergio Dalma por incitar a incumprir as medidas anticovid

"Imos interromper a actuación cada vez que lles manden sentar", afirmou o cantante
Sergio Dalma, en un concierto en 2018.AEP
photo_camera Sergio Dalma, nun concerto en 2018. AEP

Bailar pegados é bonito, pero facelo durante unha pandemia mundial é, canto menos, imprudente. Isto é algo que Sergio Dalma non debía ter moi claro no seu último concerto, que tivo que ser suspendido pola organización despois de que este incitase en repetidas ocasións a saltarse as medidas anticovid.

O cantante ameazou con parar a súa actuación cada vez que os vixiantes de que se cumprise o protocolo mandasen sentar ao público. Finalmente o evento tivo que ser suspendido. 

"Sentimos moito o que acaba de suceder. Levamos dous meses traballando sen descanso para que todo salga ben, cumprindo todas as normas marcadas polo Goberno Rexional e as autoridades sanitarias. Non tivemos ningún incidente ata esta última noite, fomos exemplo do cumprimento estrito das normas e non podiamos deixar que fose distinto na nosa última noite", afirmaron os organizadores.

O cantante respondeu a través dun comunicado en Twitter, no que pediu desculpas e recoñeceu que se excedeu: "Ante o sucedido onte quero pedir desculpas ao público e á organización. O certo é que algunhas persoas estaban a se levantar para bailar no seu asento e eu excedinme no meu ánimo de intentar que todos gozasen desde o seu asento, pero de pé e sempre con máscara. é incumpriu o protocolo do ciclo de concertos porque non se pode facer e, por iso, pido desculpas".

Comentarios