'Spiriman' confirma que ten cancro

O médico de urxencias publicara un enigmático vídeo a principios de mes
Spiriman.TWITTER
photo_camera Spiriman.TWITTER

Jesús Candel, o médico de urxencias de Granada coñecido como Spiriman, informou aos seus seguidores de que ten cancro.

Spiriman xa suxerira esta posibilidade a principios de agosto, cando publicou nas redes sociais un vídeo no que se lle vía correr cara á cámara e terminaba coa frase "agora tócame loitar por min".

"O pasado 4 de agosto decidín, por caprichos do destino, loitar contra o cancro. Un ademais moi agresivo e estendido por distintas partes do meu corpo. ¿Como me ía a pór o destino un reto fácil?", di nunha carta publicada O libre e nas súas redes sociais. 

Comentarios