'Sálvame' desmonta a montaxe de Aramis Fuster

A pitonisa foi 'cazada' camiñando con normalidade cando cría que non a gravaban as cámaras e despois finxía estar coxa
Aramis Fuster, en 'Sálvame'
photo_camera Aramis Fuster, en 'Sálvame'

Todo era mentira. Como tantas outras veces. Polo menos iso pareceu quedar demostrado este luns en Sálvame. Aramis Fuster chegou ao estudio para narrar a súa situación "límite". Supostamente, a pitonisa intentara suicidarse hai unhas dúas semanas. Incluso publicou un vídeo de despedida e despois informouse de que estaba ingresada nun hospital. 

Visiblemente demacrada, Fuster reapareceu nos estudio a semana pasada e seguiu engordando a bóla. "Teño cancro de pel; necesito unhas pernas novas", explicou ante as cámaras. E este luns regresou a Sálvame. Pero cando ela cría que non estaba a ser gravada, foi cazada andando con normalidade. E cando chegou ao estudio volveu coxear. 

No programa presentado por Paz Padilla empezaron a chancear coa súa montaxe. "Venga, Lázaro, levántate e anda", dicíanlle os colaboradores mentres soaba o Hallelujah de Händel.

Comentarios