Salma Hayek e o seu marido renovan os votos matrimoniais

O empresario francés François-Henri Pinault preparou unha cerimonia sorpresa para a súa muller, na que volveron dedicarse o si quero

Salma Hayek y su marido François-Henri Pinault. INSTAGRAM (@SALMAHAYEK)
photo_camera Salma Hayek e o seu marido François-Henri Pinault. INSTAGRAM (@SALMAHAYEK)

A actriz e produtora Salma Hayek e o empresario francés François-Henri Pinault renovaron os seus votos nunha íntima cerimonia nas praias de Bora Bora o pasado 10 de agosto. 

"O mellor momento deste verán foi cando o meu marido me organizou unha cerimonia sorpresa para renovar os nosos votos matrimoniais", admite a mexicana nas súas redes sociais, nas que afirma que lle dixeron que "iamos ao spa".

Ao acto acudiron a filla de ambos, Valentina Paloma, e a filla do fracés, Mathilde Pinault. Tampouco faltaron as coroas de flores e os colares, que deron o toque de cor ao momento.

A actriz compartiu unhas fotografías na súa conta de Instagram nas que ambos se mostran felices e namorados tras máis de dez anos xuntos. Un amor que se renova co tempo, tal e como quedou demostrado.

 

❤️

Una publicación compartida de Salma Hayek Pinault (@salmahayek) el

Comentarios